Advertisement
Not a member of Pastebin yet?
Sign Up,
it unlocks many cool features!
- Subject: Proposta de saída ordenada do FAB Academy
- Text:
- Ola,
- Dado as conversacións que tiven con varios socios, veño a presentar a proposta de retirarnos do FAB Academy despois de acabar este curso, as razóns son as seguintes:
- 1) Prestación de servizos?
- Vendo a información que da o FabAcademy, a verdade é que parece que temos que dar un servizo educativo. Mínimo 20 (horas) de apertura a semana, máquinas a disposición do alumnado, e titorías.
- O tema esta ben, pero:
- - Quen abre o local 20 horas semanais? Temos horario?
- - Que pasa se unha máquina esta rota? Temos obrigación de reparala? Temos prazos?
- - Que pasa cos titores? Que pasa se Luís se pon malo? Temos outro titor para remplazalo?
- Información:
- Titores: https://fabacademy.org/nodes/requirements.html#_2-qualified-staff-to-run-the-course
- Horarios: https://fabacademy.org/nodes/requirements.html#_1-3-infrastructure
- 2) Demasiado compromiso de ano a ano
- Isto está totalmente ligado a ter un titor co título de FabAccademy, que pasa se alguén quere tomar a directiva? Que pasa co nodo? Perdese? Igual non está de todo ben que unha directiva tome decisións do que ten que facer a directiva do ano seguinte.
- 3) Problemas legais?
- - Poden consultarse os contratos firmados co FabAccademy?
- - Que pasa se alguén denuncia que non recibiu a titoría? Temos un instrutor legal? Canto vai cobrar?
- - Que pasa se algún dos alumnos corta unha man? Temos unha prevención de riscos asociados a eses alumnos?
- - Contemplan os nosos estatutos este tipo de actividades?
- - O alumno con quen firma, con FabAccademy ou coa Industriosa?
- - Temos que ter un mentor que cobraría 625$, quen é? Que tipo de acordo teríamos? [0]
- - Que pasa se a mediados de marzo, despois de traballar co alumno, o usuario se da de baixa ou non paga? Que cartos recibiriamos? Temos que adiantar cartos os socios para prover este servizo? [1]
- [0] https://fabacademy.org/apply/cost-breakdown.html#costs-for-nodes
- [1] https://fabacademy.org/nodes/requirements.html#reimbursements
- 4) Falta de persoas que poidan ser un backup.
- Ter un problema de saúde é moi rápido, eu podo demostralo, que pasa se o titor se pon malo? Igual deberíamos ter unha ou duas persoas mais para dar este servizo en caso de que pase algo.
- 5) Impacto limitado aos socios?
- Dar este servizo, que beneficio achega os socios? Que achega ao taller? Cartos?
- Igual temos que pensar mais na lonxevidade do proxecto, que acumular cartos por prestar servizos. Os números das últimas axudas públicas creo que son suficientes:
- Xunta Anos 23-24: Concesión SB99083619 5000 Euros
- Xunta Anos 23-24: Concesión SB99083617 4742 Euros
- Concello de Vigo 24: Expediente 21058-77 9469 Euros.
- A verdade que as cantidades son grandes, mais as cotas de socios. De verdade necesitamos ter ese compromiso, e o risco que supón, dar eses servizos?
- Por outra parte, se ao final, o curso de FabAccademy vale 2.500$ para o nodo central? Que razón hai de que un socio pague os 5000Euros? Non poderían facer os socios o curso pagando so o custe que se lle paga a FabAccademy?
- 6) Que é un Fablab, cales son os outros nodos?
- Mirando os outros nodos, tampouco creo que a Industriosa se identifique moito con eles:
- - Fab Lab Barcelona, xa con dicir que é unha Sociedade Limitada, xa nos podemos imaxinar os seus obxectivos.
- - FabLab Leon: creado pola fundación de Telice <www.fundaciontma.org> liderada por unha empresa, cos seus obxectivos. Chama atención que se presentan a proxectos europeos tipo
- <https://erasmus-plus.ec.europa.eu/projects/search/details/2022-1-ES01-KA220-ADU-000088960>
- - FabLab Cartagena: Iniciativa da universidade de Cartegena.
- - FabLab Cuenca: Unha iniciativa que é persoal liderada por Mickael Pitarresi.
- Todos parecen que os nodos, non son asociacións como tal. Por suposto, teñen interese social, pero ao final, funcionan como empresas provedoras de servizos.
- 7) Baixa participación a nivel España
- Tampouco parece que sexa algo enorme a nivel de participación, mirando os
- números de España dos últimos tres anos:
- 2024: https://fabacademy.org/2024/people.html
- Cartagena: 1 Leon: 2, Barcelona: 15
- 2023: https://fabacademy.org/2023/people.html
- Leon: 1, Deusto: 1
- 2022: https://fabacademy.org/2023/people.html
- Leon: 2, Cartagena: 1, Madrid: 2, Barcelona: 7
- Se pensas polo contido e atraer socios, creo que tampouco é algo que vai xerar unha diferencia logarítmica a asociación, dende o meu punto de vista, creo que pode traer mais problemas que cousas boas.
- Finalmente, eu dende miña humilde opinión, A Industriosa naceu para colaborar, e ter un sitio onde organizar cousas, se se converte, o que a min me parece, nunha prestadora de servizos como tal, entra no risco de que se converta nun "traballo" para a actual ou vindeiras directivas, entón nese momento ou se profesionaliza dar servizos e ter empregados como tal, ou vai poñer en risco o seu futuro da asociación, como asociación de socios que buscan un ben común.
- Como socio, gustaríame que:
- 1) Se engadira este punto a votación na próxima convocatoria de reunión da Industriosa. Creo que sería bo pensar, que se no 2025 xa está comprometido, quedar, pero non volver a presentarse, ter unha saída ordenada, para non comprometer a reputación persoal da directiva. Eo o mesmo tempo, non comprometer as directivas de ano en ano.
- 2) A ser posible que a directiva responda a este correo, achegando información sobre os contratos e compromisos actuais con FAB Academy para maior transparencia.
- Apertas e feliz ano.
Advertisement
Add Comment
Please, Sign In to add comment
Advertisement