Advertisement
morbidraccoon

Examen de Galego

Dec 15th, 2014
243
0
Never
Not a member of Pastebin yet? Sign Up, it unlocks many cool features!
text 5.00 KB | None | 0 0
  1. CANTIGAS
  2.  
  3. Lírica profana:
  4.  
  5. -Erótica:
  6. +Cantigas de amigo:
  7. 1. Mariñas ou barcarolas. Desenvólvense nunha paisaxe mariña. Destacables as de Paio Gómez Chariño, e as de Martín Codax, que transcorren na paisaxe mariña viguesa.
  8. 2. Cantiga de romaría. A moza se encontrará co amado na romaría, e pídelle permiso a nai para ir coa intención de atoparse con él. Airas Nunes e Pero Viviaez, por ex., destacaron neste subxénero.
  9. 3. Cantiga dialogada. A moza dialoga sobre os seus sentimentos amorosos coa nai, irmás, amigas ou mesmo con elemento sa natureza. As de Pero Meogo son un exemplo típico.
  10. 4. Alba ou alborada. A moza lamenta a ausencia do amigo ou a separación ao amanecer. Nuno Fernández Torneol é autor dunha das máis famosas deste tipo.
  11. 5. Bailá ou bailada. A moza, soa ou coas súas amigas, baila mentres espera ao seu amigo. Unha das cantigas máis celebres é de Airas Nunes.
  12. +Cantigas de amor:
  13. 1. Fenhedor. O tímido trobador suspira por ver á sua “senhor”e non se atreve a falar con ela.
  14. 2. Precador. Suplica que ela lle escoite, confésalle o amor.
  15. 3. Entendedor. Pretende un trato persoal, a “senhor” acepta o seu amor.
  16. 4. Drudo. Unión amorosa ou carnal entre o trobador e a “senhor”. Só na lírica provenzal, ausente na galego-portuguesa.
  17.  
  18. -Satírica:
  19. Temas satíricos: Covardía dos nobres na guerra, infanzóns (nobres de segunda) que simulan ter una posición económica que non teñen, clérigos pola súa dubidosa moral e as soldadeiras.
  20. +Escarnio: Sátiras encubertas na que a burla escóndese en palabras de dobre sentido.
  21. +Maldicir: Sátiras nas que os vicios ou persoas criticadas aparecen citados e atacados con total claridade, moitas veces con palabras malsoantes.
  22.  
  23. Lírica relixiosa:
  24. Representada polas 426 Cantigas de Santa María de Alfonso X o Sabio, mecenas de trobadores e xoglares.
  25. -De milagres: Narracións nas que están presentes milagres da Virxe (tomados e adaptados de diversas fontes) que teñen un papel significativo no desenlace das mesmas.
  26. -De loar: Cantigas líricas que constitúen oracións, gabanzas ou cánticos á Virxe.
  27.  
  28. RECURSOS FORMAIS
  29.  
  30. Cantigas de amigo
  31. Era preferida a rima asonante, con versos pentasílabos ou heptasílabos, e refrán.
  32. -Refrán:
  33. Versos que se repiten literalmente despois de cada estrofa. Adoitan a ser un número de versos menor cas estrofas e cunha rima diferente. A maioría das cantigas galego-portuguesas o usan, pero é máis frecuente na de amigo. Cando unha composición non leva refrán, chámase cantiga de meestría, e está influenciada polas modas poéticas provenzais.
  34. -Paralelismo:
  35. Fórmula propia da poesía popular composta por repeticións de distintos tipos nos versos ao longo das estrofas. Hay varios tipos segundo o criterio:
  36. +Paralelismo imperfecto: prodúcese entre pares de estrofas sucesivas, incluíndo variacións mínimas nas repeticións. Segundo as variacións, pode tratarse de paralelismo:
  37. 1) Con variación sinonímica: substitúense palabras por sinónimos.
  38. 2) Con variación por alternancia da orde de palabras.
  39. 3) Con equivalencia semántica: negar nun verso o contrario do que se afirma noutro.
  40. 4) Con equivalencia estrutural: onde cambian as palabras pero se repiten as estruturas sintácticas.
  41. +Paralelismo perfecto: Trátase dun paralelismo literal que vai acompañado de leixaprén.
  42. -Leixaprén:
  43. Asociado ao paralelismo perfecto, só se produce en cantigas deícticas (de dous versos por estrofa), e consiste na repetición literal, entre estrofas alternas, do segundo verso dunha estrofa no primeiro doutra.
  44.  
  45. Cantigas de amor
  46. Neste xénero abundan máis as cantigas de meestría, os versos octosílabos e decasílabos, e a rima consonante.
  47. -Dobre:
  48. Repetición dunha palabra en dous lugares simetricos dunha estrofa.
  49. -Mot-refrán/palabra-rima:
  50. Dobre que vai ao final dos versos.
  51. -Mozdobre:
  52. Dobre no que a palabra repetida varía nas terminacións.
  53. -Rima derivada:
  54. Mozdobre que vai ao final dos versos.
  55. -Fiinda:
  56. Grupo de versos de número inferior a os da estrofa situados ao final da cantiga para completar ou reafirmar o concepto principal da composición, repetindo a rima dos versos inmediatamente anteriores.
  57. -Atá fiinda:
  58. Recurso complementario da fiinda no que o significado do verso final dunha estrofa ou do refrán complétase no primeiro verso da seguinte estrofa, incluíndo á fiinda.
  59.  
  60. Cobras ou estrofas
  61. -Según as rimas:
  62. +Unisonantes: Manteñen o mesmo xogo de rimas en toda a cantiga.
  63. +Singulares: Cada cobra ten un xogo de rimas propio.
  64. +Dobras: O xogo de rimas repetíase en cada par de estrofas consecutivas.
  65. +Alternas: As estrofas pares tiñan un xogo de rimas e as impares outro.
  66. -Según a relación entre estrofas:
  67. +Capfinidas: Unha palabra do último verso dunha estrofa repetíase no primeiro verso da seguinte.
  68. +Capcaudadas: Capfinidas na que a palabra repetida era a da rima.
  69. +Capdenais: Repetición dunha ou varias palabras en lugares simétricos en diferentes estrofas.
  70. +Retrogradadas: Unha estrofa repetía en orde inversa as rimas dos últimos versos da estrofa anterior.
Advertisement
Add Comment
Please, Sign In to add comment
Advertisement